Bo día e boa semana para todos! Para esta semana preparei un traballo que agarde vos divirta moito e co que espero que recordedes as diferentes cores ao mesmo tempo que cantades e bailades. Trátase dunha actividade en varios pasos. Tentarei explicala paso a paso para que sexa máis doado realizala. De todos xeitos, xa sabedes, en caso de dúbida...correo vai!
1.- Escoita a canción atentamente. Repítea tentando cantar a súa letra, non mires o texto: escoita e repite.
2.- Na canción fala de "Il a les yeux arc-en-ciel", é dicir ten os ollos arco iris.
Cal é o símbolo de ánimo deste confinamento e cal é o desexo máis escoitado????
Bos días son Nicole. O símbolo é o arcoíris e o dexeso máis escoitado e que todo vai saír ben.
ResponderEliminarBravo!
Eliminar