Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de mayo de 2022

O GALEGO BEN O MERECE!

 Este curso temos este recuncho algo solitario...Estamos a traballar noutros lares! De todos xeitos, a nosa lingua, parece máis que merecedora dun pequeno esforzo. Aquí queda o traballo que os vintecinco alumnos e alumnas de 6º B fixeron para contarnos algunhas andanzas de Florencio Delgado Gurriarán. 

Este traballo non tería sido posible sen Ledicia Costas, xa que súa é a narración da que partimos para, traballando o resumo e a escrita, chegarmos a este resultado.

Grazas a Ledicia Costas e, GRAZAS a todas as persoas que colaboraron na difusión e coñecemento da obra deste valdeorrés.


Florencio Delgado Gurriarán de Lara Alonso

domingo, 23 de enero de 2022

Xa temos o Wordle en galego!

 Seguramente xa todas e todos coñecedes e probastes o  Wordle, ese xogo de cadros verdes, grises e amarelos de moda nas redes sociais. Coidado con el, é moi adictivo. Basicamente consiste en descubrir unha palabra de cinco letras en só seis intentos.  Pero seguramente poucas persoas o fixeron en galego. Pois ben, grazas á páxina de Aulas Galega e a Abraham, xa podemos todas e todos disfrutar deste xogo tan entretido. 

A súa sinxeleza é parte do seu éxito. Na pantalla aparece unha grella de 5x6. Primeiro hai que escribir unha palabra en galego e despois avánzase no descubrimento da palabra a partir das letras que se utilizaron. Se aparece unha letra en verde significa que letra está na palabra, e ademais no luga indicado. Se aparece en amarelo significa que a letra está no vocablo mais non no lugar correcto. Finalmente se aparece en gris,significa que a letra non está na palabra. A principal dificultade é que so hai seis intentos para adiviñar o termo.

Cada 24 horas hai unha palabra nova de 5 letras para descifrar e só se pode xogar unha vez ao día.

Adiante! Anímate a participar e a deixar en comentarios "resolto" se conseguiches atopar a palabra xunto co teu nome. Ao final de cada mes haberá unha recompensa para quen teña atopado máis palabras.

WORDLE

lunes, 15 de marzo de 2021

Sigue a correspondencia co Tío Pepe

 Hai uns días recibimos unha carta do Tío Pepe. Unha longa carta de máis de 500 palabras sen empregar nin un só A! Sofía, hai que recoñecer que parece difícil superarte! De todos xeitos,non te confíes: adoramos os retos!

Preme na imaxe para ler a carta



lunes, 8 de marzo de 2021

DE RETO EN RETO...CHEGOU PEPE!

 Xa sabedes quen é o Tío Pepe e, cal é o seu problemiña de saúde! Pois ben, que saibades que está encantado con ese reto de escribirlle e contarlle cousas porque, estaba tan aburrido pechado na súa casa escapando desa letra alérxica que agora pasa as tardes LENDO! 

Tan contento está que dicidiu comunicarse co alumnado de 5º B e de 6º A e, aproveitouse da maña de Ana de 6º A para facelo. Aquí queda a súa carta! Quen se anima a contestarlle?

Preme na imaxe e accederás á carta



sábado, 6 de marzo de 2021

DE RETO EN RETO...O TRABALLO ENCHE O PETO

 Hai uns días deixamos aquí o RETO de comunicarse co Tío Pepe, ese familiar do alumnado de 5º B que presenta un peculiar problemiña de saúde. Uns días máis tarde, o poder da comunicación, fixo que o bo de home se pasara tamén pola clase de 6º A e, aquí temos ao grupo preparándose para "comunicarse" con el tal e como se merece! 

Hoxe queda aquí o enlace ao documento que lle envía unha alumna, e, tod@s a cavilar se a Sabela queredes retar!!!!!!!!!!!!!

Preme na imaxe e accedes ao documento de 316 palabras e sen ningún A



miércoles, 3 de marzo de 2021

O RETO SIGUE ADIANTE

 Lembrades o reto que vos contabamos o venres pasado? Ese de escribirlle ao Tío Pepe superando as 69 palabras de Lara e, sen provocarlle alerxia ao pobre Señor? Pois aquí queda a carta de Adriana... Quen é a seguinte persoa que se anima?



viernes, 26 de febrero de 2021

O TÍO PEPE

 Logo dun inverno con tanta choiva e tanta máscara, cando sae o sol e asoma a primavera, van aparecendo tamén as alerxias...Algunha delas moi moi extrañas! 

Cóntovos: na aula de 5º B, casualmente, o alumnado ten un familiar cun nome moi orixinal: chámase Pepe e, é tan especial que lle ten alerxia ao  A!

O reto consiste en escribirlle unha carta, sen provocarlle alerxia ao pobre!

Lara escríbelle 69 palabras. Alguén  se anima a superar  o reto?

" Querido tío Pepe,

Envíoche este correo electrónico co fin de propoñerche que poideses vir ó meu cumple.
Sei que é moi difícil, pero non imposible. Bótote moito de menos, dez meses que non nos vemos por mor do virus. Estes meses sucedéronme moitos sucesos incribles, sorprendentes, sobre todo un deles que pode que o disfrutes moitísimo. Pero non cho direi por correo, tes que vir!
Espero poder verte.
Bicos "


domingo, 21 de febrero de 2021

BUSCANDO A ROSALÍA

 Sempre é un momento axeitado para coñecer a Rosalía de Castro e para profundizar na súa obra. No CEIP García Barbón esta semana adicaremos parte da nosa xornada lectiva a facelo. E, farémolo do xeito máis lúdico posible; unha das tarefas será resolver este enigma compartido na rede de xeito totalmente desinteresado. Grazas por compartilo! Sacarémoslle partido


24 DE FEBREIRO, O DÍA DE ROSALÍA!

 Esta semana imos larear sobre Rosalía e, para axudar a tirar do fío, deixamos un enlace ao blog de Burbullas de PT que unha vez máis comparte xenerosamente o seu traballo. Grazas!



viernes, 12 de febrero de 2021

UN ENTROIDO DIFERENTE

 Hoxe a comunidade educativa do CEIP García Barbón sentimos certa añoranza por non poder conmemorar esta festa do Entroido do mesmo xeito que o fixemos en anos anteriores. Certo é que fomos quenes de adaptarnos ás circunstancias e, sacarlle todo o partido posible. Todos nós estamos convencidos de que estes sacrificios e estas renuncias, en breve, contribuirán  a que a situación pandémica mellore. Así , xunto coa comunidade científica (formada por mulleres e homes), e dende a responsabilidade individual e colectiva, venceremos a este virus que hoxe está tan presente.

Namentres, non queremos deixar de lembrar que seguiremos para o ano vivindo e disfrutando desta festa ancestral. Ana, de 6º A, preséntanos ao protagonista do Entroido de Vigo e, que tal ir preparando as carautas de Merdeiras e Merdeiros para o ano que vén? Atent@s ás súas instruccións!

Grazas Ana!


 Disfrutade do Entroido, do merecido descanso e, vémonos o xoves 18

sábado, 31 de octubre de 2020

A caixa dos medos rematou a xornada en 6º A

 A última semana do mes de outubro no cole foi de MEDO!!! Traballamos arreo e divertímonos aínda máis; aquí queda o momento último da xornada e da semana , ese no que o alumnado de 6º A mete na furna da Bruxa Comemedos o seu pareado que traían ben preparado!

Se queres acceder ás fotos preme AQUÍ


lunes, 26 de octubre de 2020

Adiviña, adiviña

 O alumnado de 5º e 6º está aumentando o seu vocabulario en lingua galega buscando palabras que teñan relación con xestos, demostracións de cariño, sentimentos...que por culpa da actual pandemia non podemos manifestar tan libremente como quixeramos. 

Unha alumna de 6º A escondeu neste debuxo un sinónimo de bico. Sabes cal é? Sigue as instruccións, será moi doado😊



viernes, 16 de octubre de 2020

A NOSA CULTURA

 En 6º estivemos traballando o tema das " Cantigas" e, nada mellor para entender a importancia destas manifestacións culturais que buscar e, mesmo cantar algunha delas. Hoxe desexámosvos que disfrutedes do fin de semana escoitando estas dúas cantigas recitadas por dúas alumnas do grupo. 

Se queres participar nesta investigación, busca, canta, grava e envíanos o teu traballo! A cultura galega perténcenos a tod@s.

Cantiga 1

Cantiga 2

miércoles, 14 de octubre de 2020

Voando e imaxinando


 Sara, a protagonista de "Avións de papel" lanzaba todas as tardes un avión de papel para... ( mellor que leas o libro en lugar de que cho contemos) e, hoxe un alumno de 6º A , empregando a metáfora dun avión de papel, invítavos a descubrir qué é a poesía para el. 

Lanzaste á aventura? Estás invitad@




martes, 29 de septiembre de 2020

Que é a poesía?

 As persoas adultas falan da poesía, opinan sobre ela, gústalles, non a len, parécelles aburrida... A poesía, como case todo nesta vida, enfronta opinións de diversos tipos. 

Este curso estamos iniciando o traballo en Lingua Galega con temas diferentes aos que adoitamos atopar nos libros de texto e, así partindo da definición que Fran Alonso fai da poesía ( na súa obra Poemas Birollos para ler cos Ollos) o alumnado de 5º B e de 6º A está a definir qué é a poesía para eles e para elas. 

Hoxe déixovos dous exemplos para que xoguedes ás adiviñas. Agardo as vosas respostas nos comentarios. 




viernes, 25 de septiembre de 2020

domingo, 21 de junio de 2020

ENTRE RETO E RETO, ESTE CURSO PECHO

Algunha das tarefas que mellor acollida tiveron entre vós foron os retos, aquí vos deixo un estímulo máis para seguir traballando e retándovos a ser cada día un pouco mellores. Aquí quedan dous novos pangramas , anímaste a superar o reto? Os comentarios quedan abertos ata o mes de setembro!

Dez camuñas entraron nunha droguería e querían, por favor, bórax.

( Reto de Daniel con 53 letras)


Iba pola montaña cando vin uns xamóns danzantes que eran galegofalantes.

( Reto de Begoña de Carlos con 61 letras)



domingo, 14 de junio de 2020

ESTAMOS REMATANDO


O día 19 de xuño remata oficialmente o período lectivo deste extraño curso escolar, esta última semana non porei traballo novo. Será o momento de repasar e rematar tarefas de galego e, se eres alumna e alumno de Francés é a oportunidade de cantar e disfrutar coas cancións que máis che gustaron.
Aínda  que non teñades traballo novo, podedes enviarme todas as dúbidas, tarefas , opinións...que consideredes axeitado facerme chegar. Feliz semana e, ánimo que agora si queda pouco!

lunes, 8 de junio de 2020

ESCRITURA CREATIVA POLO MEDIO AMBIENTE

Durante o mes de xuño hai varias conmemoracións relacionadas coa defensa e o coidado do medio ambiente e, esta semana vamos relacionar este tema coa escritura e a lectura. O traballo partirá dun libro que seguramente moitos de vós coñecedes !

A activdade consiste en cada unha e cada un de vós cree o seu propio animal. Para que a tarefa che resulte máis sinxela podes seguir estes pasos:
* Pensa nun animal e nun obxecto que teñas na casa para poder facelo.
* Invéntalle un nome composto polo obxecto elexido e o verdadeiro nome do animal.
* Créalle unha vida, uns gustos, unha forma de ser... Podes pensar en qué come, qué tipo de animal é, se ten amigos e ou inimigos... 
Lembra que é o teu animal polo tanto pode ser como ti queiras! Non esquezas facer a túa propia composición co novo animal e o texto escrito.

Se queres ler un chisco deste libro e despertar á túa imaxinación vai a este ENLACE onde podes ler unha pequena parte do libro por cortesía da Editorial Kalandraka.

O RETO DOS PANGRAMAS

Esta semana quero proporvos un reto, o reto do pangrama. Un pangrama (do grego pan ou pantós= todos + grama= letra) é un texto que emprega todas as letras do alfabeto dun idioma. Os pangramas máis chamativos son, polo xeral, os que usan o menor número de letras. Daquela, construír un pangrama que repita letras o menos posible agardo que vos resulte unha tarefa desafiante.
Un pangrama en galego? Pois temos varios. Na Galipedia tedes algúns exemplos:

Aqueles chimpancés xogan outra vez coa fabada no baño. (45 letras)

Fíxate, o mesquiño bacharel pide vinganza. (35 letras)