Mostrando entradas con la etiqueta 2º ET 3º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ET 3º. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de junio de 2020

ESTAMOS REMATANDO


O día 19 de xuño remata oficialmente o período lectivo deste extraño curso escolar, esta última semana non porei traballo novo. Será o momento de repasar e rematar tarefas de galego e, se eres alumna e alumno de Francés é a oportunidade de cantar e disfrutar coas cancións que máis che gustaron.
Aínda  que non teñades traballo novo, podedes enviarme todas as dúbidas, tarefas , opinións...que consideredes axeitado facerme chegar. Feliz semana e, ánimo que agora si queda pouco!

lunes, 8 de junio de 2020

J'ÉCOUTE ET J'ÉCRIS


Bonjour! A tarefa desta semana é un repaso das cores pero, acompañadas dunha actividade de escoita e escritura. Na actividade 1 debes unir cada debuxo coa súa cor e, logo escoitar a cor e escribila correctamente. Pon moita atención e, cando remates a ficha podes autoavaliarte e/ou enviarme a min a ficha para que a corrixa. Ánimo que é moi doada


Les couleurs

QUELLE HEURE EST-IL?

Bonjour! Comment ça va? Esta semana vamos a recordar como se dicen qué hora é en francés. Para elo podes unir nesta ficha os reloxios coa expresión da hora; ao remate podes elexir entre correxir a ficha e ver a nota que tes e/ou mandarme a mín o teu traballo. Ánimo



Les heures

lunes, 1 de junio de 2020

J'AIME LES FRUITS

Bonjour! Esta semana vamos a traballar coas froitas. Empezaremos cunha canción que nos axude a aprender o nome dalgunhas das froitas máis habituais.

Escoita a canción con atención un par de veces e, logo repítea ao mesmo tempo que intentas cantala.


Unha vez que xa te sabes a canción e xa sabes como se pronuncian algunhas das froitas, observa con atención esta presentación na que aparecen os nomes e as imaxes de moitas das froitas da canción e algunha máis que seguramente che gusta moito merendar 😋
Por último un pequeno traballo de consolidación de aprendizaxes...deberás escoitar unha vez máis a canción e completar os ocos que hai na letra da canción. Serás capaz? Estou segura de que o farás superben e sen ningún problema. Ánimo!
Para completar a canción vai ao ENLACE

TROUVE LES DIFFERENCES

Bonjour! Hoxe o alumnado de 3º vai axudarlle a Sandra a atopar as diferencias entre dúas fotos da súa habitación. Debes observar con atención os debuxos para atopar aqueles elementos diferentes. Logo , seguindo o modelo que hai ao final da ficha debes escribilas nun folio e enviarme o debuxo do que escribiche. 

Moita sorte co xogo


Para realizar a actidade vai a este ENLACE

lunes, 25 de mayo de 2020

LES COULEURS

Bonjour!Se estás en 2º esta semana vamos a recordar as cores en francés. ( O traballo de 3º está noutra entrada) Para facelo este traballo terá dúas partes, a primeira delas consiste en escoitar e cantar a canción que aparece, así lembrarás a pronunciación e seguirás practicando a fala.

A segunda parte consiste na realización da ficha que aparece debaixo. Ánimo e agardo que te divirtas!

MA CLASSE

Bonjour! Hoxe o alumnado de 3º recordará a súa clase e os utensilios máis frecuentes que nela empregamos. Para eso nada mellor que unha divertida canción que debes escoitar varias veces e tentar aprendela e cantala.
Se che apetece podes escoitar tamén este vídeo no que repasa o vocabulario máis frecuente.

Agora só queda a parte escrita, para realizala vai a este ENLACE

lunes, 18 de mayo de 2020

ENCORE DES VÊTEMENTS

Vous allez continuer avec les vêtements. Regardez la vidéo avec attention et après pratiquer avec la fiche. Bon courage!



Para reforzar o vídeo vai ao ENLACE

lunes, 11 de mayo de 2020

LA FAMILLE...des doigts

Bonjour! Ça va bien? 😊 Qué tal empezades a semana? Seguro que con alegría e moito ánimo. Esta semana propóñovos un traballo para recordar o parentesco familiar e aprender o nome dos dedos da man en francés.
A tarefa consistiría en:
1.- Escoitar a canción varias veces, prestando moita atención á pronunciación e tentando repetila logo de varias audicións imitando a pronuncia.
2.- ( Para 2º) Debuxar a túa man e escribir o nome de cada un dos dedos en francés.
3.- ( Se estás en 3º, ademais do anterior) Inventa unha familia que teña cinco membros e escribe o nome e a relación de parentesco contigo ( que inexcusablemente debes estar nesa familia imaxinada)


lunes, 4 de mayo de 2020

LES ANIMAUX

Para esta semana tedes un xogo de memoria con nomes de animais en francés. Non intentedes lelos porque algúns son difíciles. O obxectivo neste caso é que traballedes a memoria con tarxetas de animais en francés porque, que mellor que divertirse cunha lingua?

Pulsa no ENLACE

SOUVENEZ-VOUS...

Bonjour à mes élèves! Ola a todo o meu alumnado! Este aviso é para vós, para o  de Francés Lingua Estranxeira e para o  de Francés Libre Configuración. Non vos esquezades de cantar todas as semanas alomenos unha canción en francés; hai varias ao longo de todas as entradas, unhas novas deste confinamento, outras das que nos sirven para iniciar a clase...podedes elexir a que máis vos guste! É importante que fagades esta tarefa porque vos axuda a manter o ouvido "atento" aos sons do idioma estranxeiro e tamén porque seguides mellorando a vosa fonética e...porque a música axúdanos a estar máis alegres. Non vos esquezades de cantar...CHANTEZ EN FRANÇAIS! MERCI!
( Se queredes algunha canción en concreto podedes pedirma nas mensaxes desta entrada)

LES VÊTEMENTS

Voici quelque vocabulaire pour bien travailler "Les vêtements" en français. Regarde la vidéo avec attention.

Ici tu trouveras des exercices pour PRATIQUER

lunes, 27 de abril de 2020

LES ROUTINES

Nous allons pratiquer le vocabulaire sur les routines. Regarde la vidéo e fait les exercices qu'il y a après.

LE QUOTIDIEN

Hoxe vamos a recordar as diferentes rutinas. Hai un montón delas nesta ficha. Debes fixarte nos debuxos e asignarlle a cada acción o número do debuxo que corresponde. Na segunda folla van as correccións para que poidas comprobar o ben que fixeche o exercicio. Hai unha pequena diferencia, na folla que ti debes cubrir as accións están en terceira persoa cos pronomes persoais Il ou Elle para facer a diferencia de xénero, na corrección van co pronome xenérico francés On, pero para os efectos de corrección eso non inflúe.
Bon courage!

domingo, 26 de abril de 2020

Nature animée : Jojo Circus



Dans son spectacle, Jojo le clown joue avec un lion, un tigre, un éléphant, un lapin et un oiseau.  Avec lui tu pourras apprendre les présentations et les prépositions de lieu. 

No título anterior accederás ao espectáculo de Jojo, o paiaso que xoga cun león, un tigre, un coello e un paxaro. Con él poderás repasar as presentacións e aprender algunhas preposicións de lugar. Presta moita atención

Jojo Circus. Des trous

Maintenant vous avez un exercice d'écoute. Écoutez à nouveau la vidéo et placez chaque mot à son trou.

Agora debedes repetir de novo a audición do video anterior. Se prestades atención poderedes colocar cada palabra no seu lugar.

Bon courage! Ánimo

martes, 21 de abril de 2020

JE M'APPELLE FUNNYBEAR - 2

BONJOUR! Vous aimez déjà Funnybear? Qué tal con Funnybear? Imaxino que xa cantades e bailades a súa canción sen ningún problema. Aquí vos deixo unhas actividades sobre a canción e o vídeo para que a traballedes un chisco máis mentres seguides a cantala.



lunes, 20 de abril de 2020

JE M'APPELLE FUNNYBEAR

Aujourd'hui, un nouveau ami nous accompagne: FunnyBear!. Écoutez la chanson et essayez de chanter! 

Hoxe temos un novo amigo que nos acompaña: FunnyBear! Escoitade a canción e intentade cantala. Lembra que é importante que a escoites varias veces con moita atención para pronunciar correctamente. Pon coidado ao cantar imitando a pronunciación o mellor posible. 
O martes aparecerán os exercicios para traballar esta canción.



ÇA VA BIEN ALLER-2

Agora que todos acertastes coa resposta do arco da vella e co desexo de que todo vai saír ben. Aquí queda a última parte do traballo:
Dessine un arc-en-ciel et écrit le désir: ÇA VA BIEN ALLER!
Debuxa un arco da vella e escribe en francés o lema que está arriba escrito.
Logo, pégao nun sitio que che agrade e que axude aos demais a manter o ánimo!




Ça va bien aller!

Bo día e boa semana para todos! Para esta semana preparei un traballo que agarde vos divirta moito e co que espero que recordedes as diferentes cores ao mesmo tempo que cantades e bailades. Trátase dunha actividade en varios pasos. Tentarei explicala paso a paso para que sexa máis doado realizala. De todos xeitos, xa sabedes, en caso de dúbida...correo vai!
1.- Escoita a canción atentamente. Repítea tentando cantar a súa letra, non mires o texto: escoita e repite.


2.- Na canción fala de "Il a les yeux arc-en-ciel", é dicir ten os ollos arco iris.
Cal é o símbolo de ánimo deste confinamento e cal é o desexo máis escoitado????