Mostrando entradas con la etiqueta 4º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de mayo de 2021

Non, non, rien n'a changé

 Unha das formas máis divertidas de mellorar un idioma é practicándoo cunha canción que nos guste. Hoxe farémolo con esta de New Poppys. Anímaste a cantar connosco? 

Atoparás a proposta de traballo de TV5 no enlace

lunes, 12 de abril de 2021

C'est mercredi alors, mangez des fruits!

 Este mes de abril, no CEIP García Barbón, prestamos especial atención á nosa saúde. Unha das actividades propostas consiste en merendar froita todos os mércores. Para animarnos dende a área de Francés Lingua Estranxeira deixamos esta presentación de Ana de 4º B.



martes, 23 de marzo de 2021

A FRANCOFONÍA

 O pasado 21 de marzo foi o Día da Francofonía e, durante esta semana partiremos para o noso traballo na sesión de Libre Configuración dun traballo realizado e compartido no blog " Francés hasta en la sopa". Grazas!


domingo, 14 de junio de 2020

ESTAMOS REMATANDO


O día 19 de xuño remata oficialmente o período lectivo deste extraño curso escolar, esta última semana non porei traballo novo. Será o momento de repasar e rematar tarefas de galego e, se eres alumna e alumno de Francés é a oportunidade de cantar e disfrutar coas cancións que máis che gustaron.
Aínda  que non teñades traballo novo, podedes enviarme todas as dúbidas, tarefas , opinións...que consideredes axeitado facerme chegar. Feliz semana e, ánimo que agora si queda pouco!

lunes, 8 de junio de 2020

J'AIME LES FRUITS

Esta semana vamos a seguir co nome das froitas; podedes empezar recordando a canción de días pasados sobre as froitas para lembrar a pronunciación e logo animarvos con estas fichas interactivas. As fichas ao rematalas podes autoavaliarte ou enviarma a mín, como ti prefiras.Se decides enviarma a mín terás que indicar o meu email deste blog para que me chegue: repositorio.primaria@gmail.com. Ánimo que é moi sinxela e agardo que tamén che resulte divertida.
Les fruits

martes, 2 de junio de 2020

LA SEMAINE À LA MAISON

Bonjour à tout le monde! Durante esta temporada que estamos traballando dende casa, buscamos actividades para entreternos e pasar o mellor posible a situación. A imaxinación e as ganas de aprender que pon o noso alumnado neste proceso deixa resultados que presta compartir. Hoxe deixamos aquí un vídeo de Pablo, alumno de Francés Libre Configuración de 4º que nos conta a que lle gusta adicar cada día da semana. Bravo pour ton travail!


lunes, 1 de junio de 2020

LES FRUITS

Esta semana vamos a poñer algo de música cantando unha canción sobre as froitas. Trátase dunha canción moi animada e na que aprenderás o nome de moitas de varias delas. Pon atención ao vídeo e escoitao varias veces e tenta cantar imitando o mellor posible a pronunciación.

Unha vez que xa te aprendiche a canción toca xogar un pouco a detectives. Busca nesta sopa de letras o nome de seis froitas. Atoparalas?

lunes, 25 de mayo de 2020

BONJOUR, BONJOUR!

Canto tempo hai que non cantades a canción de inicio da clase? Hoxe vamos a recordala cantando e bailando para desentumecer o noso corpo. Todos preparados e preparadas?
Agora que xa estamos animadas e animados e con moitas ganas de seguir traballando en francés aquí vos queda unha ficha de repaso sobre os saúdos. 
Au revoir!!!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

APPRENDRE L'ALPHABET EN S'AMUSANT


Bonjour!!! Unha semana máis deixo aquí o traballo para que o fagades. Trátase de que repasemos o alfabeto para non esquecer como se pronuncian as diferentes letras en francés. Hoxe deixo un vídeo que nunca vimos en clase e ao que lle tedes que poñer moita moita atención.
 Logo haberá algunha tarefa...
1.- Escoita con moita atención atendendo ben á pronunciación
2.- Escoita de novo e repite a pronunciación de todas e cada unha das letras
3.- Agora colle folla e lápis e escoita unha terceira vez, cando unha letra ou as palabras que dicen che chamen a atención debes parar o vídeo e anotar esas letras. Debes facelo so con 5 letras. 5 letras/5 
palabras. Se eres un alumno ou alumna de 6º en lugar de 5 letras/5 palabras debes facer o doble: 10 letras/10 palabras.
 Ese traballo é o que debedes enviarme a mín a charoalonso@garciabarbon.com.es

lunes, 11 de mayo de 2020

CHANTER POUR APPRENDRE

Bonjour à tout le monde! Que tal empezades esta semana? Estou segura de que con moito ánimo e con ganas de seguir aprendendo, a qué si? Neste caso o traballo vai de cantar, e logo de escoitar e escribir. Explícome:
1.- Debedes escoitar a canción que xa coñecedes e que tanto vos gusta sobre os números do 1 ao 20.

2.- Collede papel e lápiz ( une feuille et un crayon). Vades a escoitar un vídeo no que  enumeran as letras do abecedario e dicen un número. Anotade os números na mesma orde que os dicen. Podedes repetir cantas veces necesitedes.
3.- Cando remates podes enviarme a solución ao meu correo.
Lembra: charoalonso@garciabarbon.com.es
4.- Empeza así: a) 4

lunes, 4 de mayo de 2020

LES ANIMAUX

Para esta semana tedes un xogo de memoria con nomes de animais en francés. Non intentedes lelos porque algúns son difíciles. O obxectivo neste caso é que traballedes a memoria con tarxetas de animais en francés porque, que mellor que divertirse cunha lingua?

Pulsa no ENLACE

SOUVENEZ-VOUS...

Bonjour à mes élèves! Ola a todo o meu alumnado! Este aviso é para vós, para o  de Francés Lingua Estranxeira e para o  de Francés Libre Configuración. Non vos esquezades de cantar todas as semanas alomenos unha canción en francés; hai varias ao longo de todas as entradas, unhas novas deste confinamento, outras das que nos sirven para iniciar a clase...podedes elexir a que máis vos guste! É importante que fagades esta tarefa porque vos axuda a manter o ouvido "atento" aos sons do idioma estranxeiro e tamén porque seguides mellorando a vosa fonética e...porque a música axúdanos a estar máis alegres. Non vos esquezades de cantar...CHANTEZ EN FRANÇAIS! MERCI!
( Se queredes algunha canción en concreto podedes pedirma nas mensaxes desta entrada)

sábado, 25 de abril de 2020

O MATERIAL ESCOLAR

Ola a todos e a todas! Que tal vos vai? Espero que moi moi ben. Esta semana vades a traballar sobre o nome do material escolar en francés. Deberedes ver o vídeo con moita atención e repetindo atentamente o nome do material. Logo tedes ao final do mesmo unhas preguntas moi moi sinxelas.
Se vos apetece logo de ver e repetir o vídeo varias veces podedes facer a sopa de letras buscando nela os nomes que antes vistes na gravación. Eu esquecinme un deles. Sabes cal é? Escribe o seu nome, para elo fíxate ben en como se escribe. 
Non teñas présa en facer o traballo podes facer dez minutos cada día de francés para descansar un pouco das outras áreas.
Aquí debaixo podes escoitar a explicación da actividade en francés.

À BIENTÔT!

LES FOURNITURES SCOLAIRES

Bonjour à tous! Comment ça va? J'espère que très bien! Cette semaine nous allons travailler sur les fournitures scolaires. Vous allez écoutez et regardez la vidéo avec attention. À la fin vous aurez des questions très très faciles. Vous avez aussi des mots cachés ou vous devez trouver tous les mots que vous avez entendu et repeté avant. Il manque un mot dans l'exercice, je l'ai oublié. Tu peux m'aider ? Écris le mot qui manque. Merci!


lunes, 20 de abril de 2020

ÇA VA BIEN ALLER-2

Agora que todos acertastes coa resposta do arco da vella e co desexo de que todo vai saír ben. Aquí queda a última parte do traballo:
Dessine un arc-en-ciel et écrit le désir: ÇA VA BIEN ALLER!
Debuxa un arco da vella e escribe en francés o lema que está arriba escrito.
Logo, pégao nun sitio que che agrade e que axude aos demais a manter o ánimo!




Ça va bien aller!

Bo día e boa semana para todos! Para esta semana preparei un traballo que agarde vos divirta moito e co que espero que recordedes as diferentes cores ao mesmo tempo que cantades e bailades. Trátase dunha actividade en varios pasos. Tentarei explicala paso a paso para que sexa máis doado realizala. De todos xeitos, xa sabedes, en caso de dúbida...correo vai!
1.- Escoita a canción atentamente. Repítea tentando cantar a súa letra, non mires o texto: escoita e repite.


2.- Na canción fala de "Il a les yeux arc-en-ciel", é dicir ten os ollos arco iris.
Cal é o símbolo de ánimo deste confinamento e cal é o desexo máis escoitado???? 

jueves, 16 de abril de 2020

KIDS UNITED - On Ecrit Sur Les Murs (Clip Officiel)

BONJOUR! SALUT!
Lembrades esta canción? Cando a traballamos en clase no mes de xaneiro a todos vos gusta un montón. De feito case todas as sesións hai alguén que me pregunta por ela. Aquí a deixo esperando que pasedes un rato entretido cantándoa.

BON COURAGE!


lunes, 13 de abril de 2020

Les jours de la semaine de Pierre Lozère

Esta semana vamos a repasar os días da semana cunha canción e logo uniremos ese traballo ao traballo da lectura.
Lembras que nos últimos días de clase repasamos o título de libros favoritos??? Le chocolat, La science...Nun folio debes rotular os sete días da semana e, a cada día debuxarlle un libro co seu título ao alomenos coa súa temática. Lembraraste de todos os que repasamos?? Se non é así podes buscar axuda para completar as sete temáticas.
Ao rematar podes enviarme unha foto co traballo feito a charoalonso@garciabarbon.com.es