Mostrando entradas con la etiqueta 5º ET 6º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º ET 6º. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de junio de 2020

ESTAMOS REMATANDO


O día 19 de xuño remata oficialmente o período lectivo deste extraño curso escolar, esta última semana non porei traballo novo. Será o momento de repasar e rematar tarefas de galego e, se eres alumna e alumno de Francés é a oportunidade de cantar e disfrutar coas cancións que máis che gustaron.
Aínda  que non teñades traballo novo, podedes enviarme todas as dúbidas, tarefas , opinións...que consideredes axeitado facerme chegar. Feliz semana e, ánimo que agora si queda pouco!

lunes, 8 de junio de 2020

LES VACANCES

Les vacances arrivent...! Esta semana faremos un traballo de escoita e de repaso de preposicións. Na tarefa 1 debedes escoitar o audio e logo unir cada protagonista co seu lugar de vacacións. A continuación repasaredes as preposicións de lugar completando cada frase . Ánimo que as vacacións xa están aquí 😉Podedes autoavaliarvos ao final da tarefa ou enviarma a mín, como elixades. Se decidides enviarma a mín debedes poñer ao final o correo electrónico deste blog: repositorio.primaria@gmail.com. Graciñas


Les vacances

lunes, 1 de junio de 2020

OÙ ES-TU?

Bonjour! Comment ça va? Imaxino que todo sigue ben. Esta semana vamos a repasar as preposicións para indicar onde están situados obxectos, persoas... Escoita con atención o seguinte vídeo para recordalas . 
Debes poñer moita atención xa que logo terás que facer outra actividade por escrito para a súa consolidación.


Agora observa esta imaxe con moita atención
Il faut trouver 7 papillons et expliquer où sont. Tu dois le faire dans ton cahier et m'envoyer la réponse. 

lunes, 25 de mayo de 2020

ENCORE Les vêtements

Esta semana seguiremos repasando vocabulario sobre este campo semántico pero, será con actividades dixitais. Cando rematedes de facelas deixade un comentario no blog dicíndome a vosa opinión. 
Nesta primeira actividade debes pasar o rato por cada prenda e logo buscar o seu nome na columna da dereita. Cando remates vai a CHECK e se está ben aparecerá outro personaxe en pantalla. Cando remates todos hai máis actividades, so tés que ir arriba á dereita , onde di NEXT e facelas todas. A dinámica é moi similar a esta que che explico aquí. Espero que te divirtas.

Vai á ACTIVIDADE

lunes, 18 de mayo de 2020

MES VÊTEMENTS

Bonjour aux élèves! Ça continue bien? Aujourd'hui vous allez travailler avec les vêtements. Vous devez faire plusieurs travaux.
Ola a todas e a todos! Espero que todo siga ben. Hoxe vades a traballar tarefas de repaso sobre a roupa. Tedes varias tarefas.
1.- Escoitade o vídeo con moita atención





2.- A continuación debes facer estas dúas FICHAS

3.- Por último debes gravar un vídeo no que expliques que roupa levas posta ese día. Lembra que é moi importante que prepares antes o que vas a contar e, logo , debes falar alto, claro e despacio. Non teñas vergoña nin mostres timidez, só o veremos e o escoitaremos ti e eu.
Ánimo!

lunes, 11 de mayo de 2020

BONJOUR! JE M'APPELLE...

Bonjour! Comment ça va? Espero e desexo que todo siga ben.O traballo para esta semana consiste en repasar algo que facemos con certa frecuencia en clase: presentarnos explicando algo de nós.
 Para realizar a tarefa aconséllovos que sigades estes pasos:
1.- Ver e escoitar con atención o vídeo que vos deixo .
2.- Coller un papel e anotar o que queredes dicir de cada un e de cada unha de vós.
3.- Practicar en voz alta a vosa presentación
4.- Cando xa teñades claro qué dicir e cando xa o teñades practicado, pedídelle a alguén da vosa familia se poden gravarvos en vídeo. Logo enviadesmo ao meu mail.
Ánimo que seguro que vos queda xenial!


lunes, 4 de mayo de 2020

LES ANIMAUX

Para esta semana tedes un xogo de memoria con nomes de animais en francés. Non intentedes lelos porque algúns son difíciles. O obxectivo neste caso é que traballedes a memoria con tarxetas de animais en francés porque, que mellor que divertirse cunha lingua?

Pulsa no ENLACE

SOUVENEZ-VOUS...

Bonjour à mes élèves! Ola a todo o meu alumnado! Este aviso é para vós, para o  de Francés Lingua Estranxeira e para o  de Francés Libre Configuración. Non vos esquezades de cantar todas as semanas alomenos unha canción en francés; hai varias ao longo de todas as entradas, unhas novas deste confinamento, outras das que nos sirven para iniciar a clase...podedes elexir a que máis vos guste! É importante que fagades esta tarefa porque vos axuda a manter o ouvido "atento" aos sons do idioma estranxeiro e tamén porque seguides mellorando a vosa fonética e...porque a música axúdanos a estar máis alegres. Non vos esquezades de cantar...CHANTEZ EN FRANÇAIS! MERCI!
( Se queredes algunha canción en concreto podedes pedirma nas mensaxes desta entrada)

BOÎTE À SONS

Bonjour mes élèves! Cette semaine vous avez une poésie pour travailler la prononciation. Les élèves de la France l'apprennent à l'école pour apprendre à bien écrire, vous allez l'apprendre pour bien prononcer. Courage!

Pour travailler la poésie tu dois faire:
1.- Écouter plussieurs fois le poème-chanson
2.- Écrire les mots qui manquent dans les trous
3.- Apprendre et réciter quelques linges du poème. Tu enregistres ta voix et tu me l'envoies.




lunes, 27 de abril de 2020

LES MÉTIERS

Bonjour à tous! Comment ça va? Cette semaine vous allez travailler sur les professions. Je vous laissee ici un site d'internet avec beaucoup d'informations. Travaillez les vidéos e après faites un panneau avec vos dix professions préférées.

Bo día a todas e a todos! Como vos vai? Esta semana vades a repasar o tema das profesións. Neste enlace que vos deixo hai moitos vídeos e carteis sobre as profesións. Debedes velos, estar atentas e atentos, intentar recordar o que xa sabedes e logo facer un cartel coas vosas dez profesións preferidas.

martes, 21 de abril de 2020

ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION

Bonjour, mes élèves! Vous avez apris déjà la chanson d'hier? Maintenant je vous explique le travail que vous devez faire.

Ola! Imaxino que xa sabedes cantar algo a canción de onte! Seguide escoitando e aprendéndoa porque é unha letra moi sinxela que se canta moi rápido. Axúdavos a manter o "oido e a pronunciación activos"...

O traballo de hoxe, ou de cando poidas, consiste en que escoitando a canción sexas capaz de ordenar as palabras que aparecen. Debaixo da imaxe tedes o enlace  a unha actividade dixital. Podedes intentar as veces que necesitedes. Arrastrades as frases e ordenades a letra da mesma.
Ánimo!




lunes, 20 de abril de 2020

JE M'APPELLE FUNNYBEAR

Aujourd'hui, un nouveau ami nous accompagne: FunnyBear!. Écoutez la chanson et essayez de chanter! 

Hoxe temos un novo amigo que nos acompaña: FunnyBear! Escoitade a canción e intentade cantala. Lembra que é importante que a escoites varias veces con moita atención para pronunciar correctamente. Pon coidado ao cantar imitando a pronunciación o mellor posible. 
O martes aparecerán os exercicios para traballar esta canción.



ÇA VA BIEN ALLER-2

Agora que todos acertastes coa resposta do arco da vella e co desexo de que todo vai saír ben. Aquí queda a última parte do traballo:
Dessine un arc-en-ciel et écrit le désir: ÇA VA BIEN ALLER!
Debuxa un arco da vella e escribe en francés o lema que está arriba escrito.
Logo, pégao nun sitio que che agrade e que axude aos demais a manter o ánimo!




Ça va bien aller!

Bo día e boa semana para todos! Para esta semana preparei un traballo que agarde vos divirta moito e co que espero que recordedes as diferentes cores ao mesmo tempo que cantades e bailades. Trátase dunha actividade en varios pasos. Tentarei explicala paso a paso para que sexa máis doado realizala. De todos xeitos, xa sabedes, en caso de dúbida...correo vai!
1.- Escoita a canción atentamente. Repítea tentando cantar a súa letra, non mires o texto: escoita e repite.


2.- Na canción fala de "Il a les yeux arc-en-ciel", é dicir ten os ollos arco iris.
Cal é o símbolo de ánimo deste confinamento e cal é o desexo máis escoitado???? 

jueves, 16 de abril de 2020

KIDS UNITED - On Ecrit Sur Les Murs (Clip Officiel)

BONJOUR! SALUT!
Lembrades esta canción? Cando a traballamos en clase no mes de xaneiro a todos vos gusta un montón. De feito case todas as sesións hai alguén que me pregunta por ela. Aquí a deixo esperando que pasedes un rato entretido cantándoa.

BON COURAGE!


lunes, 13 de abril de 2020

EXERCICES

Unha vez visto o vídeo ao que prestache moita atención na súa escoita e no que puxeche moito coidaddo na súa repetición toca que fagas ti o teu traballo.
Colle unha folla e elixe a unha das persoas coas que estás pasando este confinamento. Descríbea e logo debúxaa.
Ten en conta que se estás en 5ème Année deberá conter entre 30 e 40 palabras mínimo e se estás en 6ème Année as palabras empregadas deberán ser máis de 55.
Cando remates, se podes, envíasme unha foto ao meu correo charoalonso@garciabarbon.com.es.
Ánimo! Bon courage!

Décrire des personnes/Describir personas