BONJOUR! Vous aimez déjà Funnybear? Qué tal con Funnybear? Imaxino que xa cantades e bailades a súa canción sen ningún problema. Aquí vos deixo unhas actividades sobre a canción e o vídeo para que a traballedes un chisco máis mentres seguides a cantala.
SALUT!Hoxe empeza a súa andaina este blog.A finalidade é que nos sirva para ter localizadas as tarefas que vos propoño durante este tempo que estaremos sen vernos. Serán actividades variadas para traballar a mellora da comunicación nas dúas linguas que máis me gustan:O GALEGO porque é miña lingua, é a lingua da terra na que nacín, na que vivo, na que traballo...na que disfruto da miña vida e O FRANCÉS, esa lingua que me enganchou de cativa e da que sigo profundamente namorada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario