Hoxe a proposta vai de natureza poética...O 22 de abril é o día da Terra e, este poema de Fran Alonso do seu libro de poesía Street Poems pareceume que pode servirnos. Cada quen debe buscar unha foto súa ( a poder ser ) nun espazo natural , empregala como imaxe de fondo e escribir un pequeno poema alusivo ao tema. Non é necesario que sexa longo, un pareado é máis que suficiente.
SALUT!Hoxe empeza a súa andaina este blog.A finalidade é que nos sirva para ter localizadas as tarefas que vos propoño durante este tempo que estaremos sen vernos. Serán actividades variadas para traballar a mellora da comunicación nas dúas linguas que máis me gustan:O GALEGO porque é miña lingua, é a lingua da terra na que nacín, na que vivo, na que traballo...na que disfruto da miña vida e O FRANCÉS, esa lingua que me enganchou de cativa e da que sigo profundamente namorada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario