sábado, 25 de abril de 2020

O MATERIAL ESCOLAR

Ola a todos e a todas! Que tal vos vai? Espero que moi moi ben. Esta semana vades a traballar sobre o nome do material escolar en francés. Deberedes ver o vídeo con moita atención e repetindo atentamente o nome do material. Logo tedes ao final do mesmo unhas preguntas moi moi sinxelas.
Se vos apetece logo de ver e repetir o vídeo varias veces podedes facer a sopa de letras buscando nela os nomes que antes vistes na gravación. Eu esquecinme un deles. Sabes cal é? Escribe o seu nome, para elo fíxate ben en como se escribe. 
Non teñas présa en facer o traballo podes facer dez minutos cada día de francés para descansar un pouco das outras áreas.
Aquí debaixo podes escoitar a explicación da actividade en francés.

À BIENTÔT!

No hay comentarios:

Publicar un comentario