Este blog non tería sentido se so servira para indicar as tarefas que se propoñen para realizar na casa durante estes días. Quedaría moi incompleto se, de cando en vez, non puxeramos algunhas tarefas que nos sirvan para animarnos uns a outros, para axudarnos a pasar o tempo cando estamos aburridos e aburridas e botamos de menos o contacto con outras persoas, para darnos ideas de tarefas que podemos facer... Dende este recuncho de Vigo, GRAZAS ao alumnado por todo o que estades facendo!
Agardo que disfrutedes coa foto que un alumno de 6º enviou para lembrar a importancia de coidar o noso planeta!
A segunda foto é un debuxo feito por unha alumna que, debuxou e coloreou a imaxe de Rosalía seguindo un código de cores para cada grupo de palabras. Quen dixo que só se poden repasar contidos gramaticais con aburridos exercicios? GRAZAS por advertirme dun erro na actividade!


Gústame moito a frase!
ResponderEliminarEu tamén creo que o autor creou un pareado moi apropiado
ResponderEliminar