O pasado 22 de abril conmemorouse o Día da Terra e o alumnado de 6º fixo unha divertida actividade relacionando fotos súas con breves poemas escritos por eles. Hoxe, cando empeza a fase 0 que nos levará a esa "nova normalidade" pareceunos un bo día para publicar un consello en forma de poesía que nos envía Daniel,para ter presente na nosa nova vida.
SALUT!Hoxe empeza a súa andaina este blog.A finalidade é que nos sirva para ter localizadas as tarefas que vos propoño durante este tempo que estaremos sen vernos. Serán actividades variadas para traballar a mellora da comunicación nas dúas linguas que máis me gustan:O GALEGO porque é miña lingua, é a lingua da terra na que nacín, na que vivo, na que traballo...na que disfruto da miña vida e O FRANCÉS, esa lingua que me enganchou de cativa e da que sigo profundamente namorada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario