lunes, 4 de mayo de 2020

OBRADOIRO DE CÓMIC

Esta semana o traballo de expresión escrita versará sobre a banda deseñada. A actividade consiste en seguir atentamente o vídeo que tedes a continuación no que vos explica os diferentes tipos de bocadillos así como funcións diversas, algunha moi curiosa. Unha vez que rematedes debedes debuxar nun folio alomenos tres viñetas, con diferentes tipos de bocadillos. Na primeira viñeta debedes aparecer cada un ou cada unha de vós cun delta que vos defina e, seguir unha pequena historia nas dúas viñetas seguintes. A historia non ten porqué quedar rematada neste cómic, haberá máis capítulos desta formación a distancia sobre o cómic!


No hay comentarios:

Publicar un comentario