A semana pasada cada unha e cada un de vós tiñades que elexir un poema de Antonio García Teijeiro e explicarme o motivo da vosa elección. Esta semana retomaredes esa elección e convertiredes o poema nunha composición artística na que mesturedes imaxe e texto. Podedes escribir parte do poema e ilustralo cun collage, inventar unha composición visual con material de regufallo e relacionala con palabras do poema, podedes convertir o poema nun caligrama...En fin, calquer cousa que vos pareza interesante, imaxinativa, divertida e que sirva para comunicarnos ao resto o que sentides ao ler o poema.
Publicarei no blog aquelas que me parezan máis creativas e que non teñan ningunha falta de ortografía. Disfrutade!
Deixo unha imaxe do libro Mondas de Din Matamoro e María Infantes como exemplo de creatividade.
Se o poema é moi largo podes escribir só un fragmento?
ResponderEliminarPodes escribir só un fragmento ou incluso elexir palabras que sexan significativas para ti
EliminarOla charo Din Matamoro e moi amigo dos meus pais e ademáis as suas fillas traballaron no cole!!!
ResponderEliminarEu estiven na presentación deste libro o ano pasado e, é un dos meus favoritos.
ResponderEliminar