Hoxe este espazo serve para difundir unha convocatoria que me parece moi interesante. Trátase dunha iniciativa que busca relacionar ciencia e escritura. Deixo un enlace ás bases debaixo da imaxe. Todo aquel alumno e alumna que queira participar, de xeito totalmente VOLUNTARIO, pode enviarme antes o escrito que lle fago as correccións ortográficas que sexan precisas. Anímovos a participar, evidentemente en lingua galega!
SALUT!Hoxe empeza a súa andaina este blog.A finalidade é que nos sirva para ter localizadas as tarefas que vos propoño durante este tempo que estaremos sen vernos. Serán actividades variadas para traballar a mellora da comunicación nas dúas linguas que máis me gustan:O GALEGO porque é miña lingua, é a lingua da terra na que nacín, na que vivo, na que traballo...na que disfruto da miña vida e O FRANCÉS, esa lingua que me enganchou de cativa e da que sigo profundamente namorada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario