Bonjour! Esta semana vamos a traballar coas froitas. Empezaremos cunha canción que nos axude a aprender o nome dalgunhas das froitas máis habituais.
Escoita a canción con atención un par de veces e, logo repítea ao mesmo tempo que intentas cantala.
Unha vez que xa te sabes a canción e xa sabes como se pronuncian algunhas das froitas, observa con atención esta presentación na que aparecen os nomes e as imaxes de moitas das froitas da canción e algunha máis que seguramente che gusta moito merendar 😋
Por último un pequeno traballo de consolidación de aprendizaxes...deberás escoitar unha vez máis a canción e completar os ocos que hai na letra da canción. Serás capaz? Estou segura de que o farás superben e sen ningún problema. Ánimo!
Para completar a canción vai ao ENLACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario