jueves, 11 de junio de 2020

RETO DOS PANGRAMAS

Nestes últimos días de curso, o traballo dende casa, xa costa cada vez máis. Ese é un dos motivos polo que escollemos actividades diferentes e que supoñan un reto para nós mesmas e nós mesmos. Hoxe deixo un resumo de como vai a entrega de Pangramas. Esta é unha demostración de que somos capaces de conseguir todo aquelo que nos propomos e, unha invitación a seguir esforzándonos.💪

Lía e Claudía García con 72 letras escribiron: 
Hoxe vamos ir cara o parque en bicicleta, démoslle filloas aos ñus do zoo e gustáronlles.
(Hai algún desaxuste nos tempos verbais pero, aceptarémolo invitando ás súas creadoras a buscar outro ou perfeccionar este.)

Begoña de Carlos con 77 letras escribe:
Uns morcegos sen piños xogaban co pallaso con zapatillas que viña daquela fantástica carpa.

Seguiremos informando...e retando!

No hay comentarios:

Publicar un comentario