Hoxe comeza oficialmente o curso lectivo 2020-2021 e, no CEIP García Barbón comezamos tamén de xeito oficial a preparación do mesmo para recibirvos a todas e a todos nas mellores condicións de seguridade posibles. Para que poidades ir practicando na casa, deixo aquí o cartel que nos acompañará durante unha boa parte deste novo e, atípico, curso escolar. ATA PRONTO! À BIENTÔT!
SALUT!Hoxe empeza a súa andaina este blog.A finalidade é que nos sirva para ter localizadas as tarefas que vos propoño durante este tempo que estaremos sen vernos. Serán actividades variadas para traballar a mellora da comunicación nas dúas linguas que máis me gustan:O GALEGO porque é miña lingua, é a lingua da terra na que nacín, na que vivo, na que traballo...na que disfruto da miña vida e O FRANCÉS, esa lingua que me enganchou de cativa e da que sigo profundamente namorada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario