martes, 29 de septiembre de 2020

Que é a poesía?

 As persoas adultas falan da poesía, opinan sobre ela, gústalles, non a len, parécelles aburrida... A poesía, como case todo nesta vida, enfronta opinións de diversos tipos. 

Este curso estamos iniciando o traballo en Lingua Galega con temas diferentes aos que adoitamos atopar nos libros de texto e, así partindo da definición que Fran Alonso fai da poesía ( na súa obra Poemas Birollos para ler cos Ollos) o alumnado de 5º B e de 6º A está a definir qué é a poesía para eles e para elas. 

Hoxe déixovos dous exemplos para que xoguedes ás adiviñas. Agardo as vosas respostas nos comentarios. 




2 comentarios:

  1. Nerea:
    1. A poesía é coma o vento con todas esas palabras voando.

    ResponderEliminar
  2. Marina,a primeira é a poesía é coma o vento con todas esas palabras voando

    ResponderEliminar