Rematamos esta semana chea de actividades divertidas coa celebración do magosto. Unha vez rematadas as castañas subimos a clase e, rímonos un anaco véndonos nas fotos e nos vídeos grabados mentres xogabamos. E, tamén descansamos algo charlando entre nós. Como remate final a esta semana tan intensa queda un pequeno resumo feito por un alumno de 6ºB. Agardamos que vos guste e, que todo o cole o pasara tan ben coma nós!
A única mágoa...que para os de 6º será o noso último magosto no Barbón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario