Este curso está sendo un ano de moitos cambios e, non demos atopado un anaco de tempo libre para visitar este recuncho. Pedimos disculpas e, prometemos facer un esforzo por aparecer de cando en vez por este medio de comunicación coa comunidade educativa.
Hoxe facémolo para ensinarvos un proxecto que nos fai moita ilusión: a sección bilingüe na ára de artística-plástica en lingua francesa. A través desta área estamos achegándonos pouco a pouco ás artes francesas, á súa lingua, á súa cultura...e, todo esto ao tempo que desenvolvemos as nosas cualidades persoais e individuais e avanzamos no currículo da área.
Hoxe deixamos aquí unha pequena selección dos traballos de plástica de 6º B no que relacionábamos o PDI do centro e a expresión de sentimentos. Aproveitamos este traballo para relaxarnos coa papiroflexia e para mellorar con ela a nosa capacidade de atención. Non deixedes de probala!
No hay comentarios:
Publicar un comentario