lunes, 27 de abril de 2020

Cantas emocións!

Seguramente antes de ler esta entrada estás vendo a imaxe e tentando saber qué nomes aparecen nela...Pois sí, acertache son os nomes de todo o meu alumnado de 6º. Os dous grupos xuntos porque, as separacións so veñen obrigadas pola ratio máxima e polo espazo. Unha vez que che explico esto tamén entenderás porqué algúns nomes están en maior tamaño, efectivamente porque están repetidos os nomes. 
De sentimentos e de persoas vai esta tarefa...Cada un debe facer a súa nube de palabras que debe estar composta polos sentimentos que lle inspira esta situación de reclusión en casa, de saír o primeiro día á rúa , de pasar moito tempo coa túa familia, de non ir ao cole sin estar de vacacións...Sobre o que cada un e cada unha queira compartir connosco. Antes de usar o xenerador de palabras asegúrate de que :
- todas as palabras están en galego
- a súa ortografía é correcta

8 comentarios:

  1. Boas tardes Charo quedouche moi bonita a nube.Pero non hai nadie en sexto que chamese Azucena.

    ResponderEliminar
  2. Ola! seguramente ti a coñeces polo seu primeiro nome...

    ResponderEliminar
  3. Ola Charo o traballo hai que entregalo ,por onde ?

    ResponderEliminar
  4. Ola Lola, podes descargalo como unha foto e mandarma; tamén che deixa descargalo como un pdf e mandarmo por mail

    ResponderEliminar
  5. Preciosa a nube Charo! Encantoume facer a actividade.

    ResponderEliminar
  6. Alégrame saber que a actividade foi divertida para ti, non é nada fácil buscar actividades que vos axuden a adquirir competencias e ao mesmo tempo que vos resulten entretidas. Grazas polas túas palabas

    ResponderEliminar