Esta semana quero pedirvos que me contedes unha historia. Un relato inventado por cada unha e por cada un de vós no que o me amosedes unha vez máis o creativas e creativos que sodes, aínda que estedes confinados e desexando volver ao cole. Para este traballo deixovos un vídeo no que se nos conta unha bonita historia de namoramento entre Pepe e Pepa, podedes ver un exemplo de historia sen escribir...
Agora cada un e cada unha de vós debe inventar a súa historia e crear un personaxe ou varios que a narren. Non é necesario que sexa longa, hai microrrelatos fantásticos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario