miércoles, 15 de abril de 2020

DE VACACIÓNS POR GALICIA!

Queridas alumnas e alumnos, xa levamos algo máis dun mes sen saír de casa e, sen disfrutar da natureza e da paisaxe máis aló do que podemos albiscar dende as nosas ventás ou balcóns e, algúns tristemente so vemos edificios de pedra e formigón...
O grupo Mamá Cabra ofrécenos dende a súa casa esta canción e, paréceme unha boa motivación para a seguinte actividade que vos propoño:
DISFRUTA DA NATUREZA EN ...
Cada unha e cada un de vós debe elexir un lugar de Galicia e, animarnos ao resto a coñecelo. O lugar debe destacar pola paisaxe, pola natureza, pola fauna...
Faredes pois unha presentación na que nos diredes a onde debemos ir e porque nos facedes esa recomendación; debes explicarnos tamén que medio de transporte podemos empregar para chegar e finalmente recomendarnos algún sitio para dormir alomenos unha noite fora da nosa casa. Por se nos quedan dúbidas a presentación debe contar con fotos do lugar e das actividades que podemos facer alí. Ánimo co traballo e, lembra o que repito sempre: Vale máis ben e con calma que rápido e ...!!!!

1 comentario:

  1. Charo, hoxe o que tiñamos que facer era escoitar a cancion e facer a presentacion sobre un lugar de galicia pero ,poema para cando é?E outra pregunta a presentacion se pode facer polo ordenador ou ten que ser por escrito porque en non teño tinta na impresora.

    ResponderEliminar