Hoxe déixovos outra tarefa da web á que tanto recurro de Aulas galegas. Con ela repasaredes cales son as diferentes clases de palabras e ao mesmo tempo pasaredes un rato divetido. Sei que moitos e moitas de vós non tedes impresora na casa, nin falta que fai!!! Temos moito tempo para facer cousas divertidas polo que, papel e lápis:
1.- Copia o debuxo, lembra vale máis calidade que rapidez
2.- Marca aproximadamente os diferentes espazos
3.- Colorea segundo o código de cores que se che indica
4.- Mándame unha foto co resultado final
PD.
Se dubidas a que categoría gramatical pertence algunha das palabras asegúrate empregando o dicionario da RAG.

No hay comentarios:
Publicar un comentario