A seguinte actividade é para que agora escribades vós...cultivando a vosa imaxinación e repasando os vosos coñecementos gramaticais.
Explícome.
Aquí vos deixo un dos poemas do libro de Antonio García Teijeiro co que estamos traballando. Cada unha e cada un de vós vai a rescribilo coa seguinte condición: DEBEDES CAMBIAR TODOS OS VERBOS DO POEMA POR OUTROS. Se queres na última estrofa do poema podes manter os mesmos verbos que xa escribiche na primeira.
O obxectivo estará ampliamente superado se logras que, ao recitar o poema na túa casa, sorrían co resultado final!!! Lembra, que coma sempre que nos divertimos coa poesía, podes completalo cun debuxo.
Ánimo!
Paseino moi ben facendo a actividade Charo! Grazas!
ResponderEliminarAlégrame sabelo!
ResponderEliminar