Durante o mes de xuño hai varias conmemoracións relacionadas coa defensa e o coidado do medio ambiente e, esta semana vamos relacionar este tema coa escritura e a lectura. O traballo partirá dun libro que seguramente moitos de vós coñecedes !
A activdade consiste en cada unha e cada un de vós cree o seu propio animal. Para que a tarefa che resulte máis sinxela podes seguir estes pasos:
* Pensa nun animal e nun obxecto que teñas na casa para poder facelo.
* Invéntalle un nome composto polo obxecto elexido e o verdadeiro nome do animal.
* Créalle unha vida, uns gustos, unha forma de ser... Podes pensar en qué come, qué tipo de animal é, se ten amigos e ou inimigos...
Lembra que é o teu animal polo tanto pode ser como ti queiras! Non esquezas facer a túa propia composición co novo animal e o texto escrito.
Se queres ler un chisco deste libro e despertar á túa imaxinación vai a este ENLACE onde podes ler unha pequena parte do libro por cortesía da Editorial Kalandraka.
Ola charo non entendín moy ben ,o animal hai que debuxalo?
ResponderEliminarOla Lola! Mándoche un correo privado
ResponderEliminar