Esta semana quero proporvos un reto, o reto do pangrama. Un pangrama (do grego pan ou pantós= todos + grama= letra) é un texto que emprega todas as letras do alfabeto dun idioma. Os pangramas máis chamativos son, polo xeral, os que usan o menor número de letras. Daquela, construír un pangrama que repita letras o menos posible agardo que vos resulte unha tarefa desafiante.
Un pangrama en galego? Pois temos varios. Na Galipedia tedes algúns exemplos:
Aqueles chimpancés xogan outra vez coa fabada no baño. (45 letras)
Fíxate, o mesquiño bacharel pide vinganza. (35 letras)
Así pois o reto consiste en crear pangramas, canto máis curtos mellor. Seredes quen de bater o récord de 35 letras? Ben se pode, sen máis, usar papel e boli: anotar nun folio en branco as 23 letras do noso abecedario e riscade as que vaiades usando ao escribir os pangramas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario