Hoxe o alumnado de 5º B rematou o segundo trimestre deste curso escolar tan diferente.Foi un trimestre no que houbo moitas e diversas actividades e, tamén moitas emocións. Con esta última parte, queremos contarvos que nos imos a descansar, que queremos coller folgos para afrontar os retos que nos esperan no último trimestre! Coas emocións que nos producen as nosas cancións preferidas! Merecido descanso para todas as nosas aventureiras e aventureiros.
Vémonos no CEIP García Barbón o 6 de abril!
SALUT!Hoxe empeza a súa andaina este blog.A finalidade é que nos sirva para ter localizadas as tarefas que vos propoño durante este tempo que estaremos sen vernos. Serán actividades variadas para traballar a mellora da comunicación nas dúas linguas que máis me gustan:O GALEGO porque é miña lingua, é a lingua da terra na que nacín, na que vivo, na que traballo...na que disfruto da miña vida e O FRANCÉS, esa lingua que me enganchou de cativa e da que sigo profundamente namorada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario