Neste mes de abril queremos lembrar a importancia de promover actividades que melloren a nosa saúde. Este ano, máis que nunca, percibimos a importancia de fomentar hábitos saudables dende ámbitos moi diversos: ciencia, alimentación, deporte... Neste último aspecto imos incidir dende as clases de Lingua Galega nos cursos de 5º B e 6ºA. Seguramente vos estades preguntando: cómo o imos a facer? Pois de xeito moi visual e lúdico: a través da poesía! Para elo partimos do poema de Fran Alonso que presentamos a continuación e, chegaremos...ata onde nos leven a imaxinación e a saúde!
SALUT!Hoxe empeza a súa andaina este blog.A finalidade é que nos sirva para ter localizadas as tarefas que vos propoño durante este tempo que estaremos sen vernos. Serán actividades variadas para traballar a mellora da comunicación nas dúas linguas que máis me gustan:O GALEGO porque é miña lingua, é a lingua da terra na que nacín, na que vivo, na que traballo...na que disfruto da miña vida e O FRANCÉS, esa lingua que me enganchou de cativa e da que sigo profundamente namorada
No hay comentarios:
Publicar un comentario