domingo, 23 de enero de 2022

Xa temos o Wordle en galego!

 Seguramente xa todas e todos coñecedes e probastes o  Wordle, ese xogo de cadros verdes, grises e amarelos de moda nas redes sociais. Coidado con el, é moi adictivo. Basicamente consiste en descubrir unha palabra de cinco letras en só seis intentos.  Pero seguramente poucas persoas o fixeron en galego. Pois ben, grazas á páxina de Aulas Galega e a Abraham, xa podemos todas e todos disfrutar deste xogo tan entretido. 

A súa sinxeleza é parte do seu éxito. Na pantalla aparece unha grella de 5x6. Primeiro hai que escribir unha palabra en galego e despois avánzase no descubrimento da palabra a partir das letras que se utilizaron. Se aparece unha letra en verde significa que letra está na palabra, e ademais no luga indicado. Se aparece en amarelo significa que a letra está no vocablo mais non no lugar correcto. Finalmente se aparece en gris,significa que a letra non está na palabra. A principal dificultade é que so hai seis intentos para adiviñar o termo.

Cada 24 horas hai unha palabra nova de 5 letras para descifrar e só se pode xogar unha vez ao día.

Adiante! Anímate a participar e a deixar en comentarios "resolto" se conseguiches atopar a palabra xunto co teu nome. Ao final de cada mes haberá unha recompensa para quen teña atopado máis palabras.

WORDLE

No hay comentarios:

Publicar un comentario