Aprender idiomas axuda a comunicarse con persoas de lugares diferentes e, tamén a coñecer e valorar culturas diferentes á nosa ou, noutras ocasións, próximas á nosa cultura galega. Esta semana na clase de Francés Libre Configuración estivemos aprendendo un chisco sobre a cultura francesa partindo da festa da Candelaria. Así vimos a festa da Chandeleur, fixemos un pequeno sobre para coller as crêpes das que vimos unha sinxela receita... E, con esta aprendizaxe rematamos esta semana de traballo.
Para coller folgos para a fin de semana Airún e Ana de Lis levaron á práctica a receita de Francés... Non digades que non apetece chámalas a calquera delas para que nos inviten???
GRAZAS POLAS FOTOS! DISFRUTÁDEAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario