Mostrando entradas con la etiqueta Francés 6º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Francés 6º. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de febrero de 2022

FILLOAS EN FAMILIA versus CHANDELEUR

 Aqueles que tedes interese pola cultura francesa imaxinamos que coñecedes a festa da Chandeleur; esa tarde do día 2 de febreiro na que os franceses e francesas adoitan " faire sauter les crêpes" que logo merendarán. 

En algúns aspectos a cultura galega non está tan lonxe da francesa e, se non está preto imos achegala á nosa. Parécevos? 

Eso ben sendo o que fixeron Martina e Rocío que, en familia, como nos contaba Martina adoitan facer con frecuencia filloas. Ese rico postre que elaboraron seguindo a receita da clase de francés e que degustaron durante a tarde, aínda que non fora a do día 2 de febreiro.



martes, 8 de febrero de 2022

ARRINCANDO A SEMANA CON ENERXÍA

 Un dos obxectivos da aprendizaxe das linguas é coñecer a cultura do pobo no que se fala a lingua e, comparándoa coa nosa propia, ampliar o noso coñecemento e acadar unha mellor competencia  social e cívica.

A Noa gustoulle a proposta da receita das crêpes e a tradición da Chandeleur e, decidiu que a mellor forma de empezar esta semana de febreiro era cunha boa e doce merenda. Que vos parece?



viernes, 4 de febrero de 2022

Das filloas ás crêpes

 Aprender idiomas axuda a comunicarse con persoas de lugares diferentes e, tamén a coñecer e valorar culturas diferentes á nosa ou, noutras ocasións, próximas á nosa cultura galega. Esta semana na clase de Francés Libre Configuración estivemos aprendendo un chisco sobre a cultura francesa partindo da festa da Candelaria. Así vimos a festa da Chandeleur, fixemos un pequeno sobre para coller as crêpes das que vimos unha sinxela receita... E, con esta aprendizaxe rematamos esta semana de traballo. 

Para coller folgos para a fin de semana Airún e Ana de Lis levaron á práctica a receita de Francés... Non digades que non apetece chámalas a calquera delas para que nos inviten???

 



GRAZAS POLAS FOTOS! DISFRUTÁDEAS!