Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia en Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia en Galego. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de marzo de 2021

Vacinarnos sen xeringa? Todo é posible

 Agora que todas e todos estamos tan pendentes dunha vacina que nos axude a retomar a normalidade acabamos de enterarnos de que hai investigacións en curso sobre a posibilidade de administralas por unha vía diferente á intramuscular. Unha vacina sen agullas e sen pinchazo! Sería xenial! 

Sobre este tema e outros máis están traballando África González e o seu equipo de investigación. 


África González de Breixo González

miércoles, 10 de marzo de 2021

A CIENCIA MELLORA A NOSA VIDA

 Se sempre foi certa esta afirmación, logo de ler o traballo de investigación de Marina, aínda estaredes máis certas e certos dela. Buscando como arranxar dificultades cotiás pensou en aproveitar o que temos. Os seus inventos e, como chegou a eles, intrigaron un montón a todo 6º A. Non queremos facervos "spoiler" pero, recomendámosvos que non deixedes de lela.

Preme na imaxe para acceder á presentación



lunes, 8 de marzo de 2021

MULLER E CIENCIA TAMÉN EN MARZO

 En 6º A seguimos falando de mulleres... O pasado venres coñecemos a Mabel Loza: investigadora moi importante para paliar efectos secundarios de enfermidades moi graves como poden ser o Parkinson ou o Alzéimer. 

Aquí queda a presentación de Eva para que poidades achegarvos un pouco a esta científica. Agardamos que o disfrutedes.


Mabel Loza garcía de Eva Fuentes

viernes, 12 de febrero de 2021

MARGARET HAMILTON , protagonista da misión APOLO 11

 Sofía explicounos quen foi unha das principais protagonistas da misión Apolo 11, con esta presentación poderedes coñecer a Margaret Hamilton e emocionarvos con algunha curiosidade. Agardamos que vos guste!



Vai á imaxe para acceder ao traballo de investigación



CONVERSANDO CUNHA CIENTÍFICA GALEGA NA "European Space Agency"

 No grupo de 6º A seguimos investigando e explicando, a importancia que en moitos aspectos da nosa vida, teñen os traballos de moitas mulleres que adicaron e, adican, o seu traballo a mellorar a vida no noso planeta. 

Hoxe queremos compartir convosco un vídeo no que Lola entrevista a Helena Iglesias científica galega que está a traballar na European Space Agency. 

Agardamos que disfrutedes tanto como o fixemos nós.



domingo, 7 de febrero de 2021

CIENCIA, MULLER E VIDA!

Neste curso no que a ciencia se demostra como tan necesaria e imprescindible para a vida, dende a aula de 6º A, acordamos adicar a última sesión dos venres á exposición traballos sobre mulleres que tiveron ou que teñen un papel significativo e importante nas nosas vidas. Hoxe queda á vosa disposición unha delas. Vade sacando o lector de códigos QR para coñecela. Agardamos que a disfrutedes!