Esta semana no CEIP García Barbón estivemos aprendendo un montón de cousas sobre os xogos populares. Este ano, tiñamos moitas ganas de pasar un tempo adicándonos aos xogos e, traballamos moito en torno a este tema.
En 6º acordamos que, o día do magosto, participaríamos nos xogos populares co xogo das chapas e, previamente fixemos algunha pequena investigación sobre a súa orixe e sobre as diferentes posibilidades. Aquí vos deixamos unha delas. Agardamos sorprendervos cos datos atopados.