Mostrando entradas con la etiqueta Principal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Principal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de septiembre de 2020

BENVID@S AO CEIP GARCÍA BARBÓN

 O curso pasado abríronse as portas  deste pequeno recuncho, como espazo de traballo e encontro, porque estabamos confinados nas nosas casas. Este ano quero mantelas abertas ao exterior, cun obxectivo diferente. A dinámica será diferente porque,no CEIP GARCÍA BARBÓN, imos facerlle fronte ao coronavirus, non si? E, como imos esforzarnos para paralo, poderemos ter clases presenciais, verdade? Pouco a pouco iremos coñecendo a nova dinámica. Permanecede atentas e atentos que logo empezamos! Namentres lembrade as normas básicas da entrada do cole e POÑÉDEAS EN práctica! Grazas!





martes, 1 de septiembre de 2020

LA RENTRÉE EST PROCHE

 Hoxe comeza oficialmente o curso lectivo 2020-2021 e, no CEIP García Barbón comezamos tamén de xeito oficial a preparación do mesmo para recibirvos a todas e a todos nas mellores condicións de seguridade posibles. Para que poidades ir practicando na casa, deixo aquí o cartel que nos acompañará durante unha boa parte deste novo e, atípico, curso escolar. ATA PRONTO! À BIENTÔT!



martes, 16 de junio de 2020

A ÚLTIMA TAREFA

Hoxe quero pedirvos un traballo máis... Tedes no voso mail unha enquisa sobre a miña área e as tarefas propostas ao longo do curso. É unha tarefa que plantexo dende que estou neste cole impartindo galego e que cada ano pido me axudedes para que, de ser o caso, e de continuar a impartilo, poder facelo do mellor xeito posible para que o meu alumnado aumente o seu cariño polo noso idioma.
Para favorecer a recollida de datos, só podedes facelo dende o voso correo electrónico e só unha vez!
Grazas pola túa colaboración!

domingo, 14 de junio de 2020

ESTAMOS REMATANDO


O día 19 de xuño remata oficialmente o período lectivo deste extraño curso escolar, esta última semana non porei traballo novo. Será o momento de repasar e rematar tarefas de galego e, se eres alumna e alumno de Francés é a oportunidade de cantar e disfrutar coas cancións que máis che gustaron.
Aínda  que non teñades traballo novo, podedes enviarme todas as dúbidas, tarefas , opinións...que consideredes axeitado facerme chegar. Feliz semana e, ánimo que agora si queda pouco!

lunes, 8 de junio de 2020

A POESÍA TRABALLAMOS CON ALEGRÍA

Nos grupos de 6º gústanos moito traballar partindo da poesía e, durante este último trimestre fixemos varias tarefas relacionadas con este xénero literario. Hoxe deixamos aquí un exemplo de traballo elaborado por un alumno de 6º B. As indicacións eran: elexir un poema de Antonio García Teijeiro do seu libro " Paseniño, paseniño" e transformalo...aquí tedes o resultado. Queredes animarvos a recitalo?


Podes ver o poema completo premendo no ENLACE

miércoles, 29 de abril de 2020

EMPECEMOS O DÍA CON ÁNIMO

Bo día a todos e a todas, hoxe pareceume unha boa idea empezar o día cunha imaxe na que unha alumna de 6º B escribiu un pequeno pareado. Nestes momentos no que estamos pasando por unha situación difícil e chea de incertezas, Claudia lémbranos que a natureza sempre está ahí para axudarnos a seguir adiante. 
ÁNIMO A TODAS E A TODOS!

martes, 28 de abril de 2020

TAREFAS DO ALUMNADO

Este blog non tería sentido se so servira para indicar as tarefas que se propoñen para realizar na casa durante estes días. Quedaría moi incompleto se, de cando en vez, non puxeramos algunhas tarefas que nos sirvan para animarnos uns a outros, para axudarnos a pasar o tempo cando estamos aburridos e aburridas e botamos de menos o contacto con outras persoas, para darnos ideas de tarefas que podemos facer... Dende este recuncho de Vigo, GRAZAS ao alumnado por todo o que estades facendo!
Agardo que disfrutedes coa foto que un alumno de 6º enviou para lembrar a importancia de coidar o noso planeta!

A segunda foto é un debuxo feito por unha alumna que, debuxou e coloreou a imaxe de Rosalía seguindo un código de cores para cada grupo de palabras. Quen dixo que só se poden repasar contidos gramaticais con aburridos exercicios? GRAZAS por advertirme dun erro na actividade!