jueves, 23 de abril de 2020

QUE LIBRO MERCO?

Non hai mellor forma de facerlle unha homenaxe ao libro que  indo á biblioteca a por un, ou máis dun... Neste caso a actividade consiste en que cada unha e cada un de vós convenzades ao maior número de persoas sobre qué libro debe ser o primeiro que lean tan pronto se abran as bibliotecas e as librarías. Para elo podedes empregar o soporte e os recursos que queirades: vídeo formal, vídeo protagonizado polo protagonista do libro que previamente creastes vós, poema, un anuncio de radio, unha recomendación dun xornal...Dame igual o formato só quero argumentos, imaxinación e creatividade para convencernos.
Subirei a este blog os que mellor se adapten a estes requisitos.
Data tope de envío xoves 30 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario