lunes, 18 de mayo de 2020

TECNOLOXÍA E PAPEL

Este confinamento con tanto tempo sen cole pon a proba a vosa responsabilidade, capacidade de traballo, esforzo...e, eu procuro conxugar o emprego e o desenvolvemento de varias técnicas e competencias. A proposta de hoxe esta mezcla da que vos falo. Le as indicacións con atención:

1.- A tarefa empeza coa lectura atenta e a realización das tarefas que se vos propoñen nesta ACTIVIDADE INTERACTIVA. É moi importante que prestes atención porque o seguinte traballo está relacionado coa información que aparece na mesma.

2.- Entendiche ben todo? Pois entón colle lápis e papel e pensa nun símbolo que a todas e a todos nos faga pensar en Galicia. Pode ser un monumento moi coñecido, un símbolo, un elemento da natureza, a imaxe dunha autora moi coñecida...o que ti queiras.

3. Superada a etapa 2, xa so che queda escribir UN CALIGRAMA! Lembras que na presentación che explicaba o que era? Efectivamente, un poema escrito coa forma dese obxecto que identificas con Galicia. 
( Lembra que xa fixeche un partindo do modelo dunha copa)

4.- IMPORTANTE: Ao escribilo comproba no Dicionario da RAG como é a ortografía correcta das palabras que che xeneren dúbidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario