Todos os anos, durante o mes de maio, facemos sempre fincapé no estudo sobre un autor ou autora en lingua galega ao cal se lle rinde unha homenaxe o día 17 de maio, Día das Letras Galegas. Este ano todas e todos vós sabedes que o autor elexido foi Ricardo Carvalho Calero.
Para que poidades aprender moitas cousas sobre o autor ao mesmo tempo que pasades un rato entretido aquí vos deixo este xogo que amablemente nos ceden as dúas profes que aparecen ao final do mesmo. Grazas ás autoras polo seu traballo e por compartilo desinteresadamente.
Espero as vosas opinións nos comentarios!
buahhhhh! Ogallá fagamos isto máis veces! Encántame!
ResponderEliminarAlégrome que che gustara...Hai outro similar noutra entrada anterior...creo que o subín o pasado xoves, buscáo e divírtete!
EliminarBos días, gustoume moito o xogo. E como a miña nai é de Ferrol pois gustoume maís e acordamonos de que estivemos na biblioteca que ten o seu nome.
ResponderEliminarAlégrame saber que vos axudou a recordar Ferrol e, a relacionar o que xa sabíades.
EliminarCharo encantoume e xenial muitisimas grazas!!!
ResponderEliminarE ao final do xogo sae unha amiga miña.
Coñeces a unha das profes que o fixo? Alégrame moito que vos gustara
ResponderEliminarChulísima a actividade Charo, moitas grazas por colgala, qué vida tan interesante tiña!
ResponderEliminarEu tamén me divertín moito buscando a clave para resolver o misterio...
ResponderEliminar