Hoxe a comunidade educativa do CEIP García Barbón sentimos certa añoranza por non poder conmemorar esta festa do Entroido do mesmo xeito que o fixemos en anos anteriores. Certo é que fomos quenes de adaptarnos ás circunstancias e, sacarlle todo o partido posible. Todos nós estamos convencidos de que estes sacrificios e estas renuncias, en breve, contribuirán a que a situación pandémica mellore. Así , xunto coa comunidade científica (formada por mulleres e homes), e dende a responsabilidade individual e colectiva, venceremos a este virus que hoxe está tan presente.
Namentres, non queremos deixar de lembrar que seguiremos para o ano vivindo e disfrutando desta festa ancestral. Ana, de 6º A, preséntanos ao protagonista do Entroido de Vigo e, que tal ir preparando as carautas de Merdeiras e Merdeiros para o ano que vén? Atent@s ás súas instruccións!
Grazas Ana!

No hay comentarios:
Publicar un comentario